Visita á cancha do pechacancelas Gironella para un Poio Fútbol Sala que non se confía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala defenderá este sábado (17:30 horas) en Cataluña a súa posición de privilexio na Primeira División Feminina.
As vermellas marchan terceiras na clasificación e se queren defender esa praza deberán vencer a domicilio ao Gironella, último da competición cun só punto, despois de sumar un empate e catro derrotas que Morenín considera circunstanciais porque "ha jugado con casi todos los de arriba excepto Majadahonda".
O técnico quere evitar relaxacións que poidan levar a romper a súa imbatibilidade (tres triundos e dous empates en liga) ante, defende, "uno de los equipos con más solera de Primera. Puede que bajasen un poco su nivel pero va a ser difícil".
Toda o plantel, incluída a lesionada Zulú, desprazouse á localidade barcelonesa nunha expedición que partiu en autocar na noite do xoves e que volve contar con Jenny, xa recuperada dos seus problemas físicos.