O Pontevedra Rugby Club non pode con Os ingleses no inicio ligueiro (32-23)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ao Pontevedra Rugby Club fíxoselle longo o partido no arranque da tempada na Primeira División Galega.
O conxunto lerezano visitou o actual campión da categoría, Os Ingleses de Vilagacía, caendo por 32 a 23 despois de protagonizar un grande encontro.
O PRC arrancou con forza e mandando no marcador grazas a un ensaio de Cristian Crau, outro de Chamy e dúas patadas transformadas para chegar con vantaxe ao descanso (17-18).
Non obstante na segunda metade as forzas da dianteira fraquearon e os locais aproveitaron para escaparse cun tenteo de 29-18 que os pontevedreses xa non puideron remontar.
OS INGLESES (32): Herreras, Cristian, Santos, Osorio, Ortega, Lopez, Fernández, Gorostiza, Pelaez, Carnicero, Fernández, Ramiro Rey, Prieto, Fran Muñoz, Alvarez. Tambien jugaron: Gonzalez Castelao, Hevia.
PONTEVEDRA RUGBY CLUB (23): Christian, "H", Chamy, Suso, Zuazua, Grifón,Roberto, Chema, "Petao", "Teixugo", Ruben, Tenorio, Calvo, Cristian, Masu. Tambien jugaron: Juan, Felipe, Antonio, Viñas, Bellido, "Mito", Alvaro.