Un tempo para cada equipo e xusto empate (1-1) entre Deportivo B e Ribadumia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un tempo para cada equipo e xusta repartición de puntos. En Abegondo o Deportivo B levou o peso e tivo o mando do partido na primeira parte. Os herculinos saíron máis intensos e adiantáronse no marcador por medio de Dani Iglesias, cun disparo dende fóra da área que entrou pola escuadra (minuto 24).
Pero o filial deportivista non foi capaz de pechar o partido ampliando a súa renda e na segunda parte os de Gabi Leis foron pouco a pouco encontrándose a gusto sobre o cesped e achegándose con perigo ao area branquiazul, ata que conseguiron o empate por medio de Adrián Padin, dando un punto moi valioso ao conxunto do Salnés, mentres que o Deportivo B segue nos postos mornos da táboa, nun irregular arranque ligueiro.
DEPORTIVO B (1): Veloso; Callón, Adrián Martínez, Róber, Iago López, Santi Taboada, Ángel (Cañi, min. 76), Juan, Dani Iglesias, Remeseiro e Cardoso (ÿscar, min. 70).
CD RIBADUMIA (1): Roberto Pazos; Dani, ÿscar, Miguel Vázquez, Adrián Padrón, Bisti, Sidibé, Jesu (Aram, min. 73), Sylla (Adrián Padín, min. 44), Marcos Yáñez e David Pérez (Álex Gómez, min. 46).
Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro (Ourense), auxiliado nas bandas por José Daniel Rodicio González e Carlos Quintas Lonrenzo. Amoestou a Callón, Cardoso, Juan e Adrián Martínez, polo Deportivo B, e a Bisti, polo Ribadumia.
Goles: (1-0) Minuto 24: Dani Iglesias. (1-1) Minuto 70: Adrián Padín.
Incidencias: Cidade Deportiva "O mundo do fútbol" (Abegondo). Uns 600 espectadores.