Sanxenxo, base de adestramento para dous dos equipos da próxima Barcelona World Race de vela
Por Redacción
O Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo será a base durante este mes de dous dos equipos que participarán na próxima edición da prestixiosa regata Barcelona World Race.
As condicións de navegación da ría de Pontevedra "hace posible que los equipos puedan navegar tanto con mar plano como con fuerte oleaje e incluso con condiciones de vuelta al mundo en cuanto salen de la ría", recoñeceu Javier Villalonga, director do Sailing Team de la Fundació Navegació Océanica Barcelona, organizador da proba.
Os equipos que adestrarán en Sanxenxo serán o GAES Centros Auditivos, capitaneado por Anna Corbella e Gerard Marín, e o One Planet, One Ocean formado polos regatistas españois Aleix Gelabert e Dídac Costa.
A Barcelona World Race é unha das regatas máis esixentes do mundo da vela, unha volta ao mundo sen escalas cunha tripulación formada por só dous regatistas.
A competición partirá o próximo 31 de decembro dende o porto de Barcelona.