O partido de Copa Federación entre Pontevedra e Boiro adiántase ao mércores
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol anunciou este luns que o encontro de Copa Federación que o enfrontará ao Boiro se xogará finalmente este mércores 8 de outubro, e non o xoves como estaba previsto inicialmente.
O encontro disputarase no Estadio Municipal de Pasarón a partir das 20:30 horas.
Trátase da eliminatoria de cuartos de final da fase galega da competición, unha eliminatoria que se xoga en formato de partido único.
Por outra parte a entidade granate confirmou tamén o horario do próximo partido de liga na casa ante o Silva. Será o próximo domingo 12 ás 17:00 horas.
Relacionadas:
-
Tres partidos de sanción para Manu Fernández e un para Capi tras as súas expulsións en Vilalba
Por Diego Espiño |
-
Festival de tarxetas que priva da vitoria o Pontevedra (1-1) en Vilalba
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Boiro xogarán en Pasarón a eliminatoria de cuartos da Copa Federación
Por Ramiro Espiño |