O waterpolo chega aos colexios da cidade
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra iniciou unha campaña de promoción do seu deporte nos centros escolares da cidade.
Técnicos do club, xunto a xogadores dos equipos absolutos masculino e feminino, acudiron xa aos colexios Álvarez Limeses e Xunqueira II para protagonizar unha charla acompañada dun vídeo con exemplos prácticos do waterpolo.
Con esta actividade a entidade lerezana busca dar a coñecer este deporte, polo que convida a todos os nenos a que o proben de balde na piscina durante unha semana.
Os próximos centros escolares en recibir estas charlas serán o Manuel Vidal Portela e Xunqueira I.
Relacionadas:
-
Presentación oficial dun ano especial para o Waterpolo Galaico
Por Redacción & Diego Torrado |
-
As ligas galegas de waterpolo soben o pano
Por Redacción |
-
Cara e cruz para o Waterpolo Galaico nas supercopas galegas
Por Redacción |
-
Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico, incluído no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva
Por Redacción |