Empate do Poio FS fronte ao FSF Rioja (1-1) nun partido con poucas ocasións
![Ramiro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6352bc9a23-20140207-patxot-ramiro-020.jpg)
Por Ramiro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cb3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/542710ff9c-20140927-torrado-poio-fs-04.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/102/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5427111c86-20140927-torrado-poio-fs-11.jpg)
© Diego Torrado
Dominio sen ocasións do Poio no primeiro tempo fronte a un Rioja repregado que esperaba a súa oportunidade de sorprender á contra e a punto estivo de conseguilo nun par de ocasións, por medio de Jessy e Carmen.
As rapazas de Morenín unicamente levaban perigo a balón parado pero sen acerto, o que fixo que ao descanso o marcador rematase sen movemento.
Nada máis continuarse o xogo as visitantes conseguían o seu obxectivo, ao finalizar Carmen unha rápida transición ofensiva, cun remate ao segundo pau que bateu a Silvia.
O Poio acusou o golpe e por momentos quedou a mercé do seu rival, que non foi capaz de sentenciar ampliando distancias. Así se chegaba á metade do período final, momento en que o conxunto rojillo espertou, empurrado polo seu público, recuperando o dominio do partido e empatando por medio de Jenny, tras unha boa combinación con Nerea.
Dende ese instante o Poio buscou a vitoria fronte a un Rioja de novo aplicado ás tarefas defensivas e que deu por bo o empate.
POIO FS (1): Silvia; Charo, Claudia, Yoly, Jenny Lores -cinco inicial-, Elena, Paloma, Nerea e Raquel Souza.
FSF RIOJA (1): Eva; Carmen, Bea Martín, Jessy, Lara -cinco inicial-, Silvia e Natalia.
Árbitros: Dacal Desa e García Freiría (Vigo). Amoestaron a xogadora visitante Natalia.
Goles: (0-1) Minuto 21: Carmen. (1-1) Minuto 32: Jenny Lores.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 350 espectadores.