Traballado triunfo do Poio FS a domicilio ante o Roldán (3-4)
Por Redacción
Tivo que loitar e sufrir ata o último minuto de partido, pero o Poio Fútbol Sala logrou en Murcia un importante triunfo na cancha do Roldán (3-4).
O partido iniciouse con dominio local, reflectido no marcador cun temperán gol de Juani, pero aínda que o Roldán tivo opcións de macar o segundo, foron as vermellas as que lograron empatar por medio de Jenny.
Sacudida a presión inicial de novo Jenny marcaba para adiantar o Poio. A partir dese momento a iniciativa pasou ao lado das galegas e aínda que as murcianas puxeron o 2-2, Yoli deseguida restableceu a vantaxe (2-3), coa que se chagaba ao descanso.
Na segunda metade as locais empurraron e de novo igualaron, pero Yoli, co seu segundo tanto, puxo o 3-4 que sería definitivo no minuto 29 aproveitando un erro da zaga.
Nos últimos instantes o Roldán intentouno xogando de cinco, pero as vermellas souberon defenderse para levarse os tres puntos e manterse invictas na competición despois de catro xornadas, nas que obtiveron dúas vitorias e dous empates.
ROLDÁN FS (3): Lidia; Maite Mateo, Inma Sojo, Marta Peñalver, Juani -cinco inicial- Claudia, Miriam, Cristina Poveda, Ana París, Alba Gandía, Cente.
POIO FS (4): Silvia; Yoli, Jenny, Claudia y Elena -cinco inicial- Rosario, Souza, Nerea, Paloma.
Árbitros: Manuel Aliaga Ruiz e Rafael García. Amoestaron a Yoli e Jenny no Poio.
Goles: 1-0 Juani, min.2; 1-1 Jenny, min.10; 1-2 Jenny, min.12; 2-2 Alba, min.16; 2-3 Yoli, min.16; 3-3 Marta, min.23; 3-4 Yoli, min.29.
Incidencias: Pabellón Municipal Gabriel Pérez de Roldán, preto de 400 espectadores.