Sanxenxo, colofón dunha Volta Galicia que se leva Aitor González
Por Redacción
O equipo Aluminios Cortizo, por medio de Aitor González, adxudicouse por segundo ano consecutivo a vitoria final da Volta Ciclista a Galicia.
González foi quen de aguantar a presión dos seus rivais para asegurarse o triunfo final na terceira e definitiva etapa, de 135 quilómetros con saída e chegada en Sanxenxo.
A etapa arrancou ás 10:00 horas deste domingo dende a praia de Silgar, e pronto empezaron as hostilidades ata que logrou formarse unha escapada de tres corredores.
Superada a metade da etapa, tralo paso por Cuntis, o Froiz optou por endurecer o ritmo intentando castigar o líder e pelexar pola xeral, con varios aspirantes en só 10 segundos.
Desta forma o pelotón neutralizou a fuga en Ribadumia, antes do último porto da xornada, O Busto, que decidiría a Volta. No alto non obstante o líder mostrouse sólido no alto e a etapa decidiuse ao sprint, onde logrou o triunfo parcial o ciclista do Guipuzkoa Haritz Bagues.
Na xeral, Aitor González superou ao portugués Joaquim Silva (Anicolor) por tan só dous segundos. Terceiro foi José Antonio de Segovia (Super Froiz), que acabou a catro segundos do gañador. O seu compañeiro Pedro Merino foi quinto, a dez segundos.
O Froiz levouse a clasificación por equipos e a de mellor corredor galego con Luis Mariño. Ademais, De Segovia levouse o triunfo na segunda etapa, con saída e chegada na Coruña, celebrada este sábado.