BM Pontevedra sorprende ao Lavadores (28-31) nun gran primeiro tempo
Por Redacción
Bo debut ligueiro do equipo que dirixe esta tempada Ramón Pazos. O BM Pontevedra levou sempre a iniciativa nunha pista complicada como a de Lavadores e soubo aguantar os intentos locais para neutralizar a vantaxe lograda tras unha excelente primeira metade.
Comezou moi forte o conxunto pontevedrés, que aos oito minutos de xogo xa mandaba por un claro 1-7, na que sería máxima renda do partido. Logo soubo administrar a súa vantaxe, non permitindo nunca que os vigueses se achegasen a menos de tres goles.
LAVADORES (28): David López, Raúl Pérez; Iván García, Yago, Rodrigo (1), Groba (2), Pablo Gayoso (4), Suárez (3), Pablo Barros, Pablo León (3), Alfredo, Nicolás (2), Dani (2), Aarón (5), Guillermo (1) e Adrián Lomba (5).
BM PONTEVEDRA (31): Santiago Picallo, David Lagoa; Víctor Ansías (3), Pablo Vázquez (1), Fernando Rey (4), Santi Calvo, Javier Suárez (3), Alberto Santiago (6), Iago Rodríguez (4), Ángel Soliño (3), Gonzalo García (3), Gonzalo Eloy López (4) e Ángel Noya.
Árbitros: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez (Galicia). Excluíron por dous minutos a Yago, Rodrigo, Pablo Gayoso (2) e Nicolás, polo conxunto local, e a Víctor Ansías e Fernando Rey, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 2-7, 5-9, 9-13, 10-15, 14-17 (descanso), 17-20, 19-23, 23-26, 23-28, 27-30 e 28-31 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Lavadores (Vigo).