Derrota para o Poio Artai (21-31) na súa estrea en Primeira Nacional
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Amargo debut para o Poio Artai na Primeira Nacional de Balonmán, cunha contundente derrota na casa ante o Calvo Xiria de Carballo (21-31).
Os visitantes dominaron dende o inicio o choque (2-6 no minuto 15), pero o Poio non se rendiu e mantivo o tipo durante a primeira metade con desvantaxes que oscilaban entre os dous e os tres tantos.
Así se chegou ao descanso (10-13) e aínda que á volta de vestiarios os locais pareceron apertar en busca da igualada (13-15 no minuto 35), ata aí chegou a súa gasolina.
A partir dese momento a renda comezou a dispararse para os visitantes ata os 13 goles, quedando o marcador finalmente no definitivo (21-31).
POIO ARTAI (21): Salgueiro, Víctor Barreiro (2), Garrido, David Rodríguez (1), Miguel (4), Jorge Rodríguez (1), Fernando (2), Carlos (3), Novas, Martín, José Manuel, Alberto (6), Tomás (2).
CALVO XIRIA (31): Martín Gómez, Ramón (1), Javier Rodríguez (2), Iván, Alfeirán (6), Julián, Brais (4), Calvete (3), Pablo Iglesias (4), Naya, Bouzas (3), Facal (3), Manuel (4), Pombo (1).
Árbitros: Reyes Incinillas e Reoyo Zamora (Castela-León). Excluíron a Carlos e Tomás nos locais e a Alfeirán, Julián (2) e Brais nos visitantes.
Marcador cada cinco minutos: 1-3, 1-4, 2-6, 6-8, 7-10, 10-13, descanso, 13-15, 15-19, 15-24, 16-28, 18-31, 21-31.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Seca ante uns 60 espectadores.