Quique Dominguez augura un partido "igualado y difícil" para o Teucro ante o Algemesí
Por Diego Espiño
"Empezar ganando en Irún ha reforzado mucho al grupo", asegura Quique Domínguez, pero o técnico da Sociedad Deportiva Teucro non quere que iso produza relaxación no seu equipo de cara ao seu primeiro partido na casa da tempada.
O Teucro recibe este sábado no Pavillón Municipal dos Deportes (20:00 horas) a un recén ascendido, o Maristas Algemesí, un rival que esperta receo no corpo técnico lerezano.
Domínguez defende que se trata de "un buen equipo, que ha fichado bien y nos lo va a poner difícil" e a pesar de ser un conxunto, a priori, con obxectivos máis modestos que os do Bidasoa, ao que o Teucro gañou na primeira xornada, e caer con claridade ante o Palma del Río na súa estrea ligueira, o adestrador azul declara estar "seguro de que va a ser un partido más igualado que en Irún".
Para a cita Quique Domínguez contará con todo o plantel en perfectas condicións físicas, a excepción do lesionado de longa duración César Armán.
Con eses vimbios tratará o Teucro de amarrar dous puntos para empezar con bo pé como local porque "va a ser clave ganar lo de casa", asegura Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés cre que a División de Honra Prata vai estar este ano máis igualada que nunca nunha liga na que "acertar los resultados va a ser complicado cada semana".
Un motivo máis para solicitar o apoio dunha afección que pode resultar vital ao longo da tempada.