Os mellores tiradores galegos xúntanse en Pontevedra para participar no III torneo Masters de Esgrima
Por Alejandro Espiño
Un entorno privilexiado como é a praza da Peregrina acollerá este sábado 13 de setembro unha singular competición. Trátase do III Torneo Masters de Esgrima de Galicia, que estará organizado polo Club Escola Hungaresa de Pontevedra. Reunirá aos mellores tiradores galegos, segundo anunciaron na súa presentación o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente do club, Adrián Cubela.
O evento dará comezo ás 16.30 horas cun torneo aberto de esgrima histórica, realizado con espada rapieira (de estilo renacentista) e espada longa (a típica medieval), onde tiradores pertencentes a salas de Pontevedra, Vigo, Santiago e A Coruña medirán a súa destreza en ambas modalidades. Haberá tamén unha exhibición de esgrima infantil, para amosar as actividades que desenrola o club pontevedrés.
A partir das 18.30 horas e ata as 20.00 horas terá lugar o torneo de esgrima olímpica, que enfrontará, nun formato de asalto único (final) a 15 tiradas e dividido en dos tempos de tres minutos, aos vixentes campións galegos cos líderes do ranking galego en cada arma (espada, florete e sabre) de categoría absoluta, masculina e feminina.
O torneo contará coa participación de tiradores do máximo nivel nacional e internacional pertencentes a salas de Pontevedra, Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo e Oleiros.
Os representantes da Escola Hungaresa de Pontevedra no torneo de esgrima olímpica serán Natalia Fernández, Ana Barros, Víctor Revenga e Luís Castro, todos na modalidade de sabre. O club pontevedrés, que está acadando grandes triunfos a nivel nacional e internacional, é o que máis tiradores aporta a este torneo Masters de Galicia.
Relacionadas:
-
"Touché" na praza da Peregrina
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa presume de resultados no Criterium Nacional de Esgrima M-12
Por Redacción |
-
O tirador da Escola Hungaresa Paulo Castro logra a medalla de prata no Nacional Infantil de Esgrima
Por Redacción |
-
Sétimo posto para Natalia Fernández no Nacional Júnior de esgrima
Por Redacción |