Catro medallas para a pontevedresa Melania Rodríguez nos Xogos do Mediterráneo de ximnasia artística
Por Redacción
Destacado papel da pontevedresa Melania Rodríguez nos Xogos do Mediterráneo Júnior de Ximnasia Aritística.
Na competición celebrada na localidade italiana de Ragusa, en Sicilia, Melania colgouse catro medallas confirmándose como unha das ximnastas máis prometedoras do equipo nacional.
En concreto a deportista lerezana logrou o ouro no exercicio de barras asimétricas, a prata en chan e o bronce o salto, mesmo metal que o logrado no concurso xeral, no que finalizou terceira tras Sofía Busato e Piar Rubagotti.
Melania Rodríguez compite na actualidade no Club Los Cantos Alcorcón, tras deixar hai un par de anos o Club Ximnasia Pontevedra para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Madrid.