Catro goles de Changui nas Pontes (1-4) colocan líder ao Ribadumia
Por Redacción
Seis de seis e histórico liderado de Terceira División para o Ribadumia, empatado a puntos co Pontevedra, despois de completarse a segunda xornada de liga.
Se en Bouzas sufriron para amarrar os tres puntos, nas Pontes os de Gabi Leis protagonizaron un monólogo e acabaron por golear (1-4) con Changui en plan estrela.
O dianteiro anotou os catro goles do seu equipo, nos minutos 32, 49, 73 e 80, e fíxoo de todas as cores, desmarque e definición no primeiro, oportunismo no segundo, contundencia no terceiro e lanzamento de falta no cuarto tanto.
Ante esta exhibición o cadro local só foi quen de maquillar o resultado cun gol de Sergio no minuto 83.
O Ribadumia, que sumou os seus dous triunfos como visitante, estrearase ante a súa afección a próxima fin de semana ante o Alondras.
CD AS PONTES (1): Marcos, Aitor Díaz, Chote (Santi, min.59), Pablo Domínguez, Rochela, Dani, Nano, David Amado, Iván González (Javi, min.74), Chicho (Fidi, min.59), Sergio.
RIBADUMIA CF (4): Roberto Pazos, Miguel , ÿscar, Carlos, Adrián, Martín Barreiro, Bisti (Álex Gómez, min.67) Jesu (Arán, min.61), Sylla, Jorge Fernández, Changui (Padín, min.80).
Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Amoestou aos locais Nano e Santi e a Bisti e Carlos nos visitantes.
Goles: 0-1 Changui, min.32; 0-2 Changui, min.49; 0-3 Changui, min.73; 0-4 Changui, min.80; 1-4 Sergio, min.83.
Incidencias: Partido disputado no campo do Poboado, As Pontes.