O equipo español da Volvo Ocean Race deixa a súa base de Sanxenxo rumbo á saída de Alicante
Por Redacción
Sanxenxo despediu este sábado ao equipo español que participará na próxima edición da Volta ao Mundo a Vela, a Volvo Ocean Race.
A tripulación abandona así a súa base de adestramentos e pon rumbo ao porto de Alicante, lugar de saída da regata oceánica o róximo 4 de outubro.
"En Sanxenxo, como siempre, hemos estado muy bien. Nos hubiese gustado estar más tiempo pero esta vez no ha sido posible porque el proyecto ha arrancado más tarde de lo habitual", comentou Xabi Fernández na rolda de prensa de despedida celebrada nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo acompañados de socios do club e alumnos da escola de vela.
Tamén forma parte da tripulación Iker Martínez, que valorou a fase de preparación en Sanxenxo como "corta pero muy intensa. Hemos montado un equipo en poco tiempo pero creo que muy competitivo", sinalou.
Pola súa banda o director do proxecto e presidente do Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos, deixou atrás as polémicas dos últimos meses para agradecer "al pueblo de Sanxenxo, al Concello y a Nauta todas las facilidades que nos han dado" antes de expresar un desexo: "Después de nueve meses de ruta esperemos volver aquí, ojalá, con un magnífico resultado".