A Rexional Preferente levanta o pano
Por Redacción
A tempada na Rexional Preferente iníciase este fin de semana cunha liga que se presenta moi aberta.
Entre os favoritos a pelexar polo ascenso sitúanse equipos como o Villalonga, Portonovo ou Céltiga, que arrancan a competición nos seus respectivos estadios.
O Portonovo recibirá o domingo (18:00 horas) ao Verín en Baltar, mesma hora elixida polo Céltiga para estrearse no Salvador Otero da Illa ante o Estradense.
Pola súa banda o Villalonga xogará ás 19:00 horas no campo de San Pedro ante un óso duro como o Club Deportivo Lalín.
Con outro obxectivo parte o Pontevedra B, que formula o curso coa intención de achegarse aos postos de privilexio a apoiar con xogadores a marcha do primeiro equipo en Terceira.
O filial granate debuta a domicilio no difícil campo das Gaiandas (domingo 18:00 horas) ante o Gondomar.
Por último pensando na permanencia estréase na categoría o Marcón Atlético coa meta da permanencia. Os de Carlés xogarán o domingo (17:30 horas) no campo do Pontellas.