Sen opcións para o Cisne nos cuartos de final de Copa Galicia ante o Cangas (20-35)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Esixente test para o Cisne na Copa Galicia de Balonmán ante o Cangas, equipo que milita na Liga Asobal.
Os pontevedreses aguantaron o tipo durante os primeiros 20 minutos, pero remataron cedendo con claridade ante o maior ritmo dos cangueses para caer por 20 a 35.
As semifinais de Copa Galicia, que se disputará a próxima fin de semana, complétanas o Teucro, Balonmán Lalín e Atlético Novás.
O Cangas enfrontarase ao Atlético Novás, mentres que o Teucro fará o propio co Balonmán Lalín despois de que os dezanos derrotasen ao Academia Octavio por 34 a 23.