Amegrove, cun dobre segundo posto, alónxase do título da Liga Galega de Traiñeiras
Por Redacción
Samertolameu deixou case sentenciado o título da Liga Galega de Traiñeiras despois de impoñerse nas bandeiras de Ferrol e Ares, celebradas durante a fin de semana.
Amegrove finalizou ambas as dúas regatas na segunda posición e ve como o liderado se afasta a seis puntos con só dúas probas puntuables por disputar.
O reto preséntase case imposible visto o rendemento de ambas as dúas tripulacións durante a tempada, alternándose en primeira e segunda posición nas 11 bandeiras disputadas ata o momento.
Pola súa banda a División B quedou sentenciada tras a IX Bandeira Concello de Muros en favor de Coruxo, coa tripulación de Bueu en segunda posición e asegurándose o play-off polo ascenso.
Bueu, a pesar de gañar en Muros, tívose que conformar coa segunda praza na xeral ao facer valer Coruxo a súa segunda praza na regata para asegurarse o campionato.
Perillo foi terceira en Muros e tamén disputará o play-off en detrimento de Mecos, ao que superou por un só punto.
Relacionadas:
-
O Club do Mar de Bueu ascende a División A da Liga Galega de Traiñeiras
Por Redacción |
-
A Liga Galega de Traiñeiras entra na súa recta final con Samertolameu na cabeza
Por Redacción |
-
Samertolameu volve derrotar a Amegrove en Redondela; Mecos, máis líder na Liga B
Por Redacción |
-
Máxima igualdade na Liga B de traíñas: Mecos e Coruxo, líderes; Perillo e Bueu, a dous puntos
Por Redacción |