Sorteado o calendario da Rexional Preferente
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o calendario da Rexional Preferente para a próxima tempada, que arrancará o día 31 de agosto de xeito oficial.
Na casa debutarán equipos como o Pontevedra B recibindo o Rápido Bahía, o Villalonga contra o Lalín, o Portonovo ante o Verín ou o Céltiga enfrontándose ao Estradense. Pola súa banda o Marcón Atlético estrearase na categoría a domicilio no campo do Pontellas.
O derbi pontevedrés entre o filial granate e Marcón queda para a sétima e vixésimo sexta xornada (12 de outubro e 1 de marzo), mentres os partidos entre os dous equipos de Sanxenxo, Villalonga e Portonovo, serán as xornadas 12 e 31 (días 16 de novembro e 5 de abril).
A liga concluirá o día 24 de maio cos encontros Arenteiro-Marcón, Gondomar-Pontevedra B, Portonovo-Lalín, Villalonga-Atios e Céltiga-Verín.
O calendario completo pode consultarse na páxina web da Federación Galega de Fútbol.