![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f66/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53da648873-20140730-patxot-entrenamiento-teucro-170.jpg)
© Mónica Patxot
Carlos Pombo e Víctor Rodríguez apúntanse ao Campionato de España de Balonmán Praia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Teucro estará representado esta fin de semana no Campionato de España de Balonmán Praia que se disputa na localidade cántabra de Laredo.
Os laterais do conxunto azul Carlos Pombo e Víctor Rodríguez deixarán por uns días os adestramentos ás ordes de Quique Domínguez para disputar o torneo cos seus respectivos equipos, aos que se sumarán o sábado 2 de agosto, un día despois de que comece a competición.
Víctor Rodríguez xogará co Painkillers, equipo que se proclamou o pasado sábado campéon galego na praia de Baltar precisamente ante o seu compañeiro no Teucro, nas filas do PTV Handstard, un conxunto composto en gran parte por xogadores pontevedreses.
A representación teucrista péchaa o xuvenil Felipe Lorenzo co bloque xuvenil do Painkillers.
No Campionato de España de Balonmán Praia participarán un total de 43 equipos sénior masculinos, 20 sénior femininos, 10 xuvenís masculinos e 9 xuvenís femininos.