Experiencia ACB para os participantes no Campus Baloncesto Estudiantes Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe acollen dende o pasado luns, e ata o domingo día 3, o primeiro Campus Baloncesto Estudiantes Pontevedra.
Baixo a coordinación de Cuco Rodríguez, os 41 nenos de 8 a 16 anos que toman parte neste primeira edición puideron disfutar xa da visita de dous xogadores da Liga ACB, a escolta internacional do UCAM Murcia Berni Rodríguez e o base do Baloncesto Fuenlabrada Dani Pérez.
Ambos os dous compartiron as súas experiencias coas novas promesas nas diferentes sesións de adestramento, respondendo ás súas preguntas nas horas de convivencia do campus.
Ademais dos exercicios relacionados co deporte da canastra os técnicos organizan actividades paralelas durante as diferentes xornadas.
Segundo recoñece Cuco Rodríguez, o obxectivo desta primeira edición é "que los chavales disfruten y que en futura pueda haber más ediciones".
I Campus Baloncesto Estudiantes Pontevedra
As instalacións da Cidade Infanti Príncipe Felipe acollen dende o pasado luns, e ata o domingo día 3, o primeiro Campus Baloncesto Estudiantes Pontevedra
CC BY-NC-SA PontevedraViva