Sexto posto e novo record galego para Beatriz Gómez no europeo
Por Redacción
Primeira final para Beatriz Gómez nos Campionatos de Europa de Natación en Piscina Curta que se celebran en Chartres (Francia) e meritotio sexto posto.
A pontevedresa de 17 anos logrou rebaixar a súa mellor marca na clasificación dos 400 libres e de novo na final batendo por dúas veces a marca galega da disciplina, establecido agora nos 4:04:11 da nadadora do Galaico.
Bea Gómez pechará a súa participación no campionato coa proba dos 400 metros estilos, logo de disputar xa as quendas de 200 estilos, onde tamén logrou un novo record autonómico, e os 200 braza, quedando en ambas as probas fóra da final.