Carlos Ferrer e Elisabeth Oya, funcionarios e medallistas nacionais
Por Redacción
Carlos Ferrer é bombeiro municipal e Elisabeth Oya policía local de Pontevedra, pero o seu tempo libre dedícano a unha das súas paixóns, o atletismo.
Entre os dous lograron seis medallas nos recentemente celebrados campionatos de España de atletismo veterano en Monzón (Huesca) e Huelva o 12 de maio e o 22 de xuño.
Cinco deses metais corresponden a Carlos Ferrer nas distintas modalidades de lanzamento, resultando campión de España de pentatlón (martelo 6 quilos, peso, disco, xavelina e martelo de 11,3 quilos).
Pola súa banda Elisabeth, a pesar de sufrir unha lesión durante os primeiros meses do ano, colgouse un bronce nos 200 metros lisos da súa categoría.
Ambos os dous recibiron este mércores unha homenaxe no Concello de Pontevedra, onde foron recibidos polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.