Jenny Lores, primeira fichaxe dun Poio FS que se renova para a súa segunda tempada na elite
Por Redacción
Profunda renovación no Poio Fútbol Sala para afrontar a súa segunda tempada na máxima categoría.
O club rojillo dará a coñecer nos próximos días o nome do substituto de Marcio Santos no banco e ademais terá que sobrepoñerse a algunhas baixas importantes, como a de Ceci, a futbolista máis destacada o pasado curso e que marcha á liga italiana, concretamente á Lazio.
No lado contrario Silvia, Charo, Yoli, Elena e Claudia chegaron a un acordo para continuar no equipo, ao que se suman algunhas das xogadoras da canteira que se proclamaron campioas de España nas dúas últimas tempadas.
Ademais o Poio anunciou este mércores á súa primeira incorporación, a futbolista procedente do Marcón FSF Jenny Lores, xogadora de 23 anos e que suma varias convocatorias coa selección galega.
Relacionadas:
-
Gonzalo Iglesias 'Morenín' será o adestrador do Poio FS no seu segundo ano na Primeira División
Por Redacción |
-
A internacional brasileira Raquel Souza cobre a baixa de Ceci no Poio FS
Por Ramiro Espiño |
-
O Poio FS cadete feminino repite xesta e revalida o seu título de campión de España
Por Redacción |