O Pontevedra Rugby Club empeza con bo pé a tempada de Seven
Por Redacción
Chega o verán e con el a tempada de Seven no rugby galego, a modalidade olímpica do rugby, con só sete xogadores no terreo de xogo.
Os Ingleses de Vilagarcía organizou o pasado fin de semana un dos primeiros torneos desta disciplina para as categorías masculina e feminina sub-18.
Na cita o equipo masculino do Pontevedra Rugby Club (PRC) empezou a tempada con bo pé impoñéndose a Lalín, un combinado de equipos e ao club anfitrión, Os Ingleses.
A formación lerezana estivo composta por: Rubén, Víctor, Bellido, Calvo, Rober, Fikre, Héctor, Gabriel, Manu, Brais, Boullón e Martín.