Adrián Sieiro, Sergio Vallejo e Alex Bernárdez, na final do Europeo sub-23 e Júnior
Por Redacción
Os padexeiros do Club Piragüismo Poio no Campionato de Europa sub-23 e Júnior están a realizar un gran papel na localidade francesa de Mantes en Yvelines.
Tras os primeiros días de competición Adrián Sieiro, Sergio Vallejo e Alex Bernárdez clasificáronse para as finais nas súas respectivas categorías e este domingo loitarán polas medallas na cita continental.
Os primeiros en intentalo serán Sergio Vallejo e Álex Bernárdez no C-2 500 ás 10:55 horas da mañá, mentres Adrián Sieiro buscará o podio no C-1 500 ás 12:15 horas e no C-1 200 ás 17:05 da tarde.
Galicia xa suma neste campionato dúas medallas, o ouro do padexeiro do Kaiak Tudense Roi Rodríguez no K-1 1.000 sub-23 e o bronce de Camila Aldana Morrison e Raquel Dacosta (Náutico Pontecesures) no K-2 1.000 metros.
Os propios Roi Rodríguez, Camila Aldana Morrison, Raquel Dacosta e tamén Cristina Noya completan a lista de deportistas galegos nas quendas finais do domingo.