O Cisne enche de balonmán as rúas de Pontevedra
Por Redacción
O Club Cisne Balonmano botouse á rúa para celebrar con todos os pontevedreses o seu 50 aniversario.
Ademais da carpa instalada na Praza de España, onde os asistentes poden gozar de produtos grastronómicos e diversos actos como concertos ou unha exposición sobre o club, a entidade lerezana organizou este sábado un torneo de balonmán na rúa.
A Avenida Monteiro Ríos encheuse de deportistas, preto de 170 xogadores das categorías benxamín, alevín e infantil do propio Cisne, a SD Teucro, Bueu Atlético e Sociedade Atlética Redondela, que puideron gozar do torneo a pesar da presenza momentáneea da chuvia deslucindo a xornada.
A carpa da Praza de España permanecerá aberta ata as 22:30 horas do domingo.
Relacionadas:
-
Presentado o documental "Club Cisne Balonmán-50 anos de historia"
Por Ramiro Espiño |
-
Á venda as tarxetas para a cea do 50 aniversario do Cisne
Por Ramiro Espiño |
-
Un amigable contra a Selección Española xuvenil de balonmán, broche para o 50 aniversario do Cisne
Por Redacción |
-
Pablo Galán e Pablo Vidal, primeiras fichaxes do Cisne para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Balonmán na rúa e unha carpa na Praza de España para celebrar os 50 anos do Cisne
Por Redacción |