Esteban Capelo comprométese co Arosa para a próxima tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O dianteiro Esteban Capelo, que esta tempada militou nas filas do ÿrdenes, comprometeuse co Arosa para o próximo curso.
Capelo, que tamén xogou en equipos como o Pontevedra e o Negreira, convértese na primeira fichaxe do club arlequinado tras a renovación do corpo técnico encabezado por Piscis.
A intención do Arosa é pechar na maior brevidade posible a composición do plantel, polo que se espera confirmar nas próximas semanas as renovacións de varios futbolistas e tamén as incorporacións, para as que xa se iniciaron diversos contactos.