O equipo feminino do School Padel Center ascende a Segunda División Rías Baixas
Por Redacción
A próxima tempada o equipo feminino do School Padel Center (SPC) de Pontevedra xogará na Segunda División da liga Rías Baixas xunto a equipos como Condesa Sport de Caldas de Reis ou o Mercantil de Vigo.
As rapazas do SPC lograron o ascenso en play-off finalizado esta pasada fin de semana ante o Pádel Urban de Vigo, despois de rematar como campioas do grupo 1 de Terceira División.
O primeiro encontro, disputado en Vigo, finalizou con triunfo por 2 a 1 das pontevedresas, resultado que repetiron no segundo enfrontamento para certificar o ascenso.