O VI Trofeo Concello de Pontevedra de natación sincronizada reune 250 deportistas na Escola Naval
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A piscina da Escola Naval Militar de Marín acollerá este sábado, día 24 de maio, a sexta edición do Trofeo Concello de Pontevedra de natación sincronizada.
A competición, para deportistas entre 6 e 18 anos, está organizada polo Club Natación Sincronizada Pontevedra e nela participarán outros seis clubs de Galicia, entre eles o outro equipo da entidade, o Galaico Sincro.
En total serán case 250 as participantes na proba, que se desenvolverá dende as 12:00 horas pola mañá e dende as 17:30 horas pola tarde.
Trátase, segundo explicou a adestradora Beatriz Montes, de "unha competición de rutinas de equipo e combo".