A clasificación para Europeo e Mundial de piragüismo pasa polo selectivo de Verducido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 31 padexeiros galegos buscarán durante as xornadas de xoves e venres a súa clasificación para o Campionato de Europa e do Mundo de piragüismo no control selectivo organizado na pista do encoro de Pontillón do Castro, Verducido.
Alí estarán deportistas de Club Piragüismo Poio, Ciudad de Pontevedra ou Breogán do Grove, entre outros, nunha proba que definirá as prazas para o Europeo nas distancias de 200, 500 e 1.000 metros e contará para o Mundial, para o que aínda se celabrará outro selectivo.
Adrián Sieiro (C-1 200 e C-1 1.000 metros sub-23), Sergio Vallejo (C-1 1.000 júnior), Daniel Durán (C-1 1.000 júnior) e Álex Bernárdez (C-1 1.000 metros) serán os representantes do Poio.
Pola súa banda a Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra contará coa presenza de Raquel Rodríguez e Jenifer Casal en C-1 200 metros e o C-2 500.
Ademais o Breogán do Grove contará tamén con deportistas en competición: Jacobo Domínguez (C-1 1.000 sub-23), Laura García (K-1 500 sub-23), Natalia García (K-1 500 sub-23) e Tono Campos e Diego Romero (C-2 1.000).
O que non estará na cita é David Cal, que ten previsto loitar por unha praza para o Mundial de Moscú no próximo selectivo que debe programar a Federación Española.
Este control servirá ademais como preludio da Copa de España de 200 e 500 metros que se celebrará esta fin de semana no mesmo escenario, o Pontillón do Castro.
Relacionadas:
-
Raquel Rodríguez e Jenifer Casal clasifícanse para Mundial e Europeo no Selectivo de Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis de 600 padexeiros participarán na Copa de España de 200 e 500 metros no Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Destacado papel dos padexeiros locais na Copa de España de 1.000 metros de Verducido
Por Redacción |