Ramón Ferro e ÿscar Graña, campións de España de Maratón en C-2
Por Redacción
Intensa xornada de competición a segunda e última do Campionato de España de Piragüismo Maratón en Badaxoz.
De novo os padexeiros galegos foron protagonistas, co ouro da parella do Kayak Tudense formada polo pontevedrés ÿscar Graña e o isleño Ramón Ferro no C-2.
Graña e Ferro non entraron en primeiro lugar, honra reservado para o piragüista do Breogán do Grove Tono Campos xunto ao seu compañeiro José Manuel Sánchez, se ben ao non pertencer ao mesmo club non computaron para a clasificación, aínda que si que selaron o seu pasaporte para os campionatos de Europa e do Mundo da especialidade.
Na mesma modalidade, o C-2, pero en categoría júnior, Adrián Castiñeira e Fabián Domínguez, do Club Piragüismo Vilaboalograron tamén a medalla de ouro.
Pola súa banda, o K-2 viviu unha emocionante proba decidida por unha escasa marxe de menos dun segundo, na que o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza xunto ao seu compañeiro, o asturiano Walter Bouzán, tivo que conformarse co segundo lugar.
Os vencedores foron os galegos Iván Alonso e Emilio Merchán, con Antonio Palmás e Brais Sánchez, do Piragüismo Vilaboa, pechando o podio coa terceira praza.