O Europeo de Piragüismo Maratón en Eslovaquia, obxectivo dos padexeiros pontevedreses
Por Redacción
A cidade eslovaca de Piestany acollerá este fin de semana o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, no que os padexeiros pontevedreses aspiran a loitar polas medallas.
Entre os candidatos ao ouro sitúanse o tándem composto polos piragüistas do Kayak Tudense Ramón Ferro e ÿscar Graña no C-2, actuais campións continentais.
Tamén aspira a todo o lerezano Álvaro Fernández Fiuza xunto ao asturiano Walter Bouzán no K-2, proba na que loitarán coa parella composta polo tudense Iván Alonso e Emilio Merchán.
Iso en canto aos deportistas sénior, pero tamén aspiran a todo Damián González (Piragüismo Verducido) no C-1 Júnior ou Jacobo Domínguez (Breogán do Grove) en C-1 sub-23, aínda que tamén formará no C-2 Sénior xunto ao balear Adán Ávila.
A representación galega complétana Manuel Garrido (Kayak Tudense) e David Mosquera (Ría de Betanzos).
Relacionadas:
-
ÿscar Graña e Ramón Ferro, campións de Europa de Maratón en C-2; Álvaro Fernández Fiuza, segundo en K-2
Por Redacción |
-
Ramón Ferro e ÿscar Graña, campións de España de Maratón en C-2
Por Redacción |
-
Ouros para Tono Campos e Jacobo Domínguez e prata para Damián González no Nacional de Maratón
Por Redacción |