A solidez defensiva salva un punto para o Villalonga en Vilalba
Por Redacción
O Villalonga é un equipo que marca poucos goles (9 ata o momento), pero que tampouco os encaixa (10 tantos). En base a esa solidez defensiva só superada polos dous primeiros clasificados, Rácing de Ferrol e Celta B, os de Guillermo Fernández seguen sumando puntos cal formiga en busca da permanencia na Terceira División.
Nesta ocasión o traballo de contención foi a base do empate sen goles nun campo complicado, o do Rácing Villalbés, un esforzo colectivo no que sobresaíu de novo o gardameta Roberto Feáns e que mantén aos sanxenxinos nunha cómoda posición en metade de táboa.
A nota negativa da xornada veu en forma dunha nova lesión, a de Leo, que se tivo que retirar no minuto 27 ao sufrir unha picada muscular. Leo únese ás baixas de Machu, Álvaro e Fran Matos.
RÁCING VILLALBÿS: José Ángel; López (Vicente, min.78), Roberto Prieto, Borja, Ález; Pablo Vivero, Make (Erni, min.67); Mauro Poratti, Justino, Dani, ÿscar Martínez.
VILLALONGA FC: Roberto Feáns; Quini, Miguel Vázquez, Isma, Leo (Gabi, min.27); Marc, Tenorio, Roberto Piñeiro (Javi, min.81), Nelo, Saúl, Pedro (Pichi, min.67).
Árbitro: Goyanes López (Santiago). Amonestou a Borja, Álex e Pablo Vivero no Villalbés.
Incidencias: Partido disputado no campo de A Magdalena, Vilalba.