![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c93/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/536132cbac-estadiosanpedrodemarin.jpg)
© Sociedad Gimnástica
O Concello de Marín solicita unha subvención para reparar as pistas de atletismo de San Pedro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Logo de anos de queixas polo seu estado de deterioro, o Concello de Marín pretende arranxar as pistas de atletismo do estadio de San Pedro.
Para iso a Xunta de Goberno Local acordou solicitar unha subvención á Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, pois as restricións orzamentarias da institución municipal "impiden poder plantexar unha obra máis ambiciosa que conlevaría multiplicar por dez o orzamento co que se conta", sinala o Concello.
Por este motivo as melloras limitaranse, en caso de serlle concedida a subvención, en amañar a superficie que ocupan as pistas e proceder ao seu asfaltado e pintado coa idea de que deixen de ser un risco para os usuarios da instalación e sexa posible o seu uso para adestramentos.
O que non se instalará é o tartán necesario para acoller competicións oficiais nin se ampliarán as pistas, de 400 metros de lonxitude e seis rúas.
A liña de axudas á que pretende acceder o goberno local corresponde á destinada á realización de infraestruturas de uso úblico en ámbitos rurais e urbanos.