Irún, próximo destino do Waterpolo Galaico para disputar a fase de ascenso á Segunda División Nacional
Por Redacción
No medio da súa pelexa por revalidar o título de campión da Liga Galega, o Waterpolo Galaico Pontevedra afronta esta fin de semana en Irún o Campionato de España Masculino de Waterpolo de 3ª División, ou o que é o mesmo, a fase de ascenso á 2ª División Nacional.
O conxunto pontevedrés gañouse o seu dereito a participar nesta fase por cuarto ano consecutivo tras clasificarse para a final autonómica, na que se está medindo ao mellor de tres partidos ao Club Natación Coruña.
Ambos clubs loitarán con outros seis equipos de País Vasco e Madrid para gañarse o dereito a xogar na categoría de bronce do waterpolo español.
Os equipos galegos quedaron encadrados na Zona B xunto a CN Tres Cantos B, CN Colmenar Viejo, Deportivo Bilbao, CDN Bidasoa XXI, Leioa Askartza e C Askartza Claret.
O obxectivo do Galaico na piscina de irundarra de Azken Portu pasa por mellorar o resultado logrado nos anos anteriores, para o que terán que sobrepoñerse a varias baixas no seu equipo, marcado polo debut de tres xogadores, o infantil Aarón Tellería, o cadete Pablo Teijeira e Miguel Montojo (21 anos).
O resto de xogadores que Javi de Sáa dirixirá no País Vasco son: Pablo Seoane, Roberto Acuña, Rubén Martínez, Juanjo Vázquez, Ángel Villafranca, Andrés Villaverde, Raúl Touriño, Guillermo Atienza e Bran Touriño.