Derrota do Waterpolo Galaico no primeiro asalto da final polo título galego
Por Redacción
Toca remontada para o Waterpolo Galaico se quere revalidar o título de campión da Liga Galega, despois de caer no primeiro partido da final na piscina do Club Natación Coruña (11-9).
O conxunto lerezano empezou marcando pero viuse penalizado polos fallos cometidos e ao descanso cedía xa por un contundente 7 a 2.
Aínda que non deixaron de crer na igualada os de Javi de Sáa tan só puideron maquillar o resultado na parte final do choque.
Agora a final trasládase a Pontevedra (10 de maio) para o segundo partido da serie, ao mellor de tres encontros. En caso de empate o terceiro e definitivo choque tamén se disputaría na cidade de Lérez.
CN CORUÿA (11): González, Escuredo, Quelle, Alba, Abuin (5), García (2), Orozco, Martins (2), Iglesias (1), Blanco (1), García.
CW GALAICO (9): Pablito, Rober (4), Aarón, Rubén, Kike, Juanjo, Ángel (1), Andrés (2), Raúl, Guille, Bran (2), Juan, Manu.
Parciais: 3-1, 4-1, 2-3, 2-4.
Relacionadas:
-
Seis minutos para remontar ou despedirse da liga
Por Redacción |
-
O segundo partido da final galega entre Galaico e Coruña, suspendido por un puñazo ao porteiro local
Por Redacción |
-
Sétimo posto para o Waterpolo Galaico no Campionato de España de Terceira División
Por Redacción |
-
Irún, próximo destino do Waterpolo Galaico para disputar a fase de ascenso á Segunda División Nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Galaico afronta o primeiro partido da final galega en Coruña
Por Redacción |