A Escola Municipal de Judo de Marín brilla no Campionato Galego
Por Redacción
Notables resultados da Escola de Judo Municipal de Marín no recente Campionato Galego, celebrado en Arteixo.
Na localidade coruñesa Andrea Insua, pertencente á Sociación Deportiva DOM+ adscrita á escola municipal, logrou o ouro na súa categoría, a infantil de menos de 52 quilos.
Desta forma Andrea gaña o dereito a acudir ao Campionato de España que se celebrará os días 10 e 11 de maio en Leganés (Madrid).
Ademais, en categoría cadete de menos de 52 quilos, a tamén marinense Lara Cea logrou a medalla de bronce despois de protagonizar unha destacada actuación.