Valioso empate do Sanxenxo en Pontellas (0-0)
Por Redacción
Podía terse colocado líder en caso de gañar, pero o empate do Sanxenxo na casa do Pontellas (0-0) achega un pouco máis o soño do ascenso para os de ÿscar García.
Os amarelos seguen segundos na táboa e manteñen a raia ao que era o seu principal perseguidor.
Agora o terceiro en discordia é o Villalonga, co que aínda contan con catro puntos de vantaxe con tres partidos por disputarse.
En canto ao encontro en Pontellas, o Sanxenxo apenas pasou apuros grazas a un bo traballo defensivo, pero tampouco dispuxo de grandes ocasións para levarse os tres puntos.
CD PONTELLAS (0): Alesander, José (Lucas, min.80), Rubén, Barros, Adrián, Jesús, Brian (Samuel, min.65), Diego, De la Iglesia (Álex Fernández, min.18), Comis, Couñago.
XUVENTÿ SANXENXO (0): José, Minso, Fon, Javi, Tinaia, Deivi (Darío, min.44), Diego Blanco (Muradas, min.80), Hugo, Cuchi (Jorge, min.87), Nel, Pablo (Aguín, min.63).
Árbitro: García Vázquez (Ourense). Amoestou a Couñago, Diego, Adrián, Brian, Comis e Lucas nos locais e a Javi, Nel, Hugo e Darío nos vistantes. Expulsu a Samuel no Pontellas e Muradas no Sanxenxo por vermello directo (min.89).
Incidencias: Partido disputado no campo de San Campio.