Dominio absoluto de Lucia Vázquez na Rías Baixas Bike Race
Por Redacción
O BTT Maratón non é a súa especialidade, pero iso non detivo a Lucía Vázquez na Rías Baixas Bike Race disputada esta fin de semana en Soutomaior, Ponte Caldelas e Redondela.
A ciclista de Vilaboa adxudicouse as tres etapas da proba e a clasificación xeral, dominando de principio a fin unha categoría femnina na que avantaxou a segunda clasificada, Susana Alonso, en máis de sete minutos.
"Me sorprendió la respuesta de mi cuerpo a tres días seguidos de competición en una modalidad que no es la mía. Me esperaba ganar la primera etapa, pero en la segunda pensaba que la fatiga me iba a pasar factura", declarou Lucía á conclusión da competición.
Tras esta cita a pontevedresa afrontará agora unha xira europea con probas en Austria, Alemaña e República Checa, ademais da terceira xornada do Open de España en Cataluña.
Pola súa banda o estremeño Pedro Romero foi o vencedor da Rías Baixas Bike Race en categoría masculina, por diante do santiagués Brandan Márquez.