Ponte Caldelas, etapa raíña dunha Rías Baixas Bike Race con 125 inscritos
Por Redacción
Tres días de BTT-Maratón polas montes da provincia. Así se presenta a Rías Baixas Bike Race 2014 que se disputará os días 18, 19 e 20 de abril.
A primeira das etapas terá como epicentro Soutomaior, mentres a última delas discorrerá por Redondela, pero a que se prevé máis decisiva é a Ponte Caldelas.
Considerada ademais como a etapa raíña da proba, contará cun desnivel de 1.820 metros sobre un perfil esixente de 50 quilómetros.
A saída desta segunda etapa realizarase o sábado 19 ás 10:00 horas dende a Alameda, a beiras do río Verdugo, para encamiñarse cara ao ámbito rural do municipio pasando por numerosas aldeas da zona.
Unha vez pechada a inscrición serán 125 os ciclistas que participarán na competición, con nomes como a deportista de Vilaboa Lucía Vázquez, actual campioa do Open de España, ou o santiagués do Corbelo-Sanxenxo Brandan Márquez.