Podio para Lucía Vázquez na súa primeira proba internacional da tempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Primeiro podio internacional do ano para Lucía Vázquez, que finalizou en terceiro lugar na primeira proba puntuable para a Taça de Portugal de Mountain Bike, celebrada na localidade lusa de Liria.
A ciclista de Vilaboa só foi superada na liña de meta polas riders polacas Paula Gorycka e Moikar Zur, pelexando ata os últimos metros polo segundo lugar nunha competición marcada polo barro.
Este resultado na Internacional XCO Marrazes 2014 sérvelle a Lucía Vázquez para sumar puntos no ranking da Unión Ciclista Internacional (UCI) na modalidade olímpica de Cross Country.