Sergio Míguez ascende o segundo posto na xeral da Copa de España
Por Redacción
Non tivo o seu mellor día, quedándose fóra da escapada boa da xornada, pero o décimo sexto posto de Sergio Míguez no Trofeo Guerrita sitúan ao ciclista do Froiz no segundo lugar da clasificación xeral da Copa de España Elite e sub-23 con 308 puntos.
Na proba celebrada na localidade murciana de Alcantarilla, cuarta cita e ecuador da competición, impúxose o corredor do Gipuzkoa Aritz Bagues, seguido do seu compañeiro de equipo Unai Intziarte, novo líder a xeral (367 puntos).
Míguez, ante a importancia de sumar puntos, encabezou o grupo perseguidor da escapada, impoñéndose no sprint chegando a 2:44 do vencedor.
Pola súa banda o conxunto alimenticio situouse na décima posición da clasificación por equipos.
A próxima proba no calendario da Copa de España é a considerada como carreira dun día con máis prestixio do ciclismo afeccionado español, o Memorial Valenciaga (6 de abril), que o Froiz só gañou nunha ocasión cando en 2006 se impuxo David Rodríguez.