O Arxil apura as súas opcións coa visita do Aros León
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cando restan unicamente catro xornadas para a finalización da liga regular, o Arxil recibe (sábado, 19:30 horas) no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, ao Aros Léon nun partido clave para seguir mantendo as escasas opcións que lle quedan ao equipo verde de seguir pelexando por coarse entre os catro primeiros postos e disputar o play-off de ascenso.
Dous triunfos separan as de Mayte Méndez desa cuarta praza, o que, garantida a permanencia, é agora o obxectivo. Complicado, por canto os rivais Celta, Abda e Cortegada, deberían fallar nos seus compromisos, pero mentres haxa posibilidades matemáticas, as arxilistas seguirán intentando asinar unha tempada impensable hai tan só un ano.
O conxunto leonés chega coa intención igualar ao Arxil na táboa e de paso sacarse a espiña do choque da primeira volta, cando as pontevedresas venceron (64-69) na pista do Aros. As súas máximas referencias en ataque son Jennifer George, Lucía Alonso e Teresa Lopez.
Máis profundidade de banco teñen as verdes, o que pode ser clave para o resultado, ao permitirlles manter un ritmo alto de xogo, aínda que deberán evitar os baixóns que veñen tendo nun cuarto. Para este partido Jara Tuda é baixa por motivos laborables, ao igual que María Quiroga, recuperándose da súa lesión.