Máis de 200 padexeiros inscritos na proba cambadesa da Liga Galega de Kaiak de Mar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cambados acollerá este domingo, día 23 de marzo, a segunda regata da Copa Sipre, dentro da Liga Galega de Kaiak de Mar da Federación Galega de Piragüismo.
Á proba, organizada polo Club Piragüismo Cambados, anotáronse 235 padexeiros para a proba elite, cun percorrido de 12 quilómetros.
A saída está fixada para as 11:30 horas da mañá, ao que hai que sumar unha proba popular de cinco quilómetros que arrancará unha hora máis tarde.