Rafael Louzán: "Algún directivo do Teucro non está actuando de maneira leal con esta institución"
Por Diego Espiño
As duras críticas da directiva da Sociedad Deportiva Teucro cara ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tras non acudir á segunda reunión convocada no Parador, tiveron este xoves réplica por parte de ambos os dous protagonistas.
Louzán: "O mínimo que hai que facer neste caso é corresponder con aquelas administracións que colaboran"
Tanto Louzán coma Lores cren que as institucións que comandan estaban "perfectamente representadas" no encontro, no caso da adminitración provincial a través das deputadas Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez e por parte do Concello a través do responsable de Deportes, Agustín Fernández.
O máis tallante neste asunto foi Rafael Louzán, asegurando que "por parte dalgún directivo do Teucro creo que non se está actuando de maneira leal con esta institución, pero en todo caso alá cada quen, e oxalá que teña posibilidades de salvarse porque creo que o merece".
O presidente provincial defendeu que o importante é que "a Deputación está neste momento ao día co Teucro. Pagamos o 2013 e xa comunicamos o 2014, polo que unha vez que a xustifiquen en 15-20 días poderán cobrala", polo que entende que "o mínimo que hai que facer neste caso é corresponder con aquelas administracións que colaboran".
Fernández Lores: "Chameino decíndolle que iba o concelleiro de Deportes e o que diga el vai a misa"
Pola súa banda Fernández Lores delegou toda a responsabilidade no concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, como voz autorizada do Concello. O alcalde defendeu que "o presidente do Teucro sabe perfectamente cal é a nosa posición e o noso apoio".
Segundo Lores antes do primeiro encontro no Parador "chameino decíndolle que iba o concelleiro de Deportes e o que diga el vai a misa", para finalizar engadindo que a administración local "está a facer un esforzo importante, non baixamos ningunha colaboración".
Tal e como explicou ao termo da reunión o máximo dirixente teucrista, Carlos García-Alén, non se prevé un terceiro encontro cos responsables das diferentes administracións públicas.
Relacionadas:
-
O Teucro cualifica a ausencia de Lores e Louzán no Parador como "la primera piedra para hacer desaparecer al club"
Por Diego Espiño |
-
Optimismo teucrista tras a reunión coas administracións no Parador
Por Diego Espiño |
-
A afección apoiará o Teucro diante do Parador no "partido" máis importante da súa historia
Por Ramiro Espiño |