O Teucro cualifica a ausencia de Lores e Louzán no Parador como "la primera piedra para hacer desaparecer al club"
Por Diego Espiño
"De verdad veo que el tiempo del Teucro está a punto de finalizar". Así de contundente se mostrou o presidente da Sociedad Deportiva Teucro, Carlos García-Alén, á conclusión da segunda reunión no Parador de Pontevedra con representantes das distintas adminitracións públicas.
Non estaban alí nin o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nin o presidente da Deputación, Rafael Louzán, contra os que o dirixente azul se mostrou moi duro, afirmando que a súa ausencia "probablemente es la primera piedra para hacer desaparecer al club".
García-Alén entende como "muy grave que los máximos responsables políticos de la ciudad y de la provincia ni se manifiesten dando una opinión o ánimos a la directiva del Teucro, que lo estamos pasando muy mal para sacar este club adelante", pero entende que "les importa un pepino lo que pueda pasarle al Teucro. Le están haciendo daño a Pontevedra y a un patrimonio de la ciudad".
García-Alén: "De verdad veo que el tiempo del Teucro está a punto de finalizar"
Esta mensaxe tan pesimista contratasta co do primeiro encontro, hai quince días, no mesmo escenario. Entón abriuse a posibilidade de intentar ampliar os prazos de pagamento da débeda con Facenda, pero tras presentar a pertinente solicitude a Axencia Tributaria "dijo que iban a tardar en contestar", o que dificulta o pagamento de 35.000 euros que debe realizar a entidade no mes de xullo.
Segundo o dirixente teucrista será "muy difícil pagar" pois a prioridade en canto reciban a subvención comprometida por Deporte Galego será "arreglar pagos con la plantilla".
García-Alén referíndose a Lores e Louzán: "Les importa un pepino lo que pueda pasarle al Teucro"
O futuro do vicedecano do balonmán nacional vólvese así máis negro aínda, aínda que a xunta dirixida por Carlos García-Alén insiste en que a necesidade de diñeiro é puntual, de 50.000 euros, porque despois a débeda estaría ordenada e os prazos, entenden, serían asumibles sempre e cando Facenda acepte o pagamento a catro anos.
Por este motivo o presidente azul mostrouse "convencido de que es posible incluso sin su apoyo sacar esto adelante", aínda que o desgaste lles pasou factura: "creo que ya no tengo fuerzas para seguir luchando y ya veremos la decisión que tomamos como junta directiva", sentenciou o dirixente teucrista.
Á xuntanza deste mércores no Parador asistiron o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, as deputadas provinciais Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez e o coordinador en Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, Daniel Benavides.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán: "Algún directivo do Teucro non está actuando de maneira leal con esta institución"
Por Diego Espiño |
-
Optimismo teucrista tras a reunión coas administracións no Parador
Por Diego Espiño |
-
A afección apoiará o Teucro diante do Parador no "partido" máis importante da súa historia
Por Ramiro Espiño |
-
Xoves 6 de marzo, día clave para o futuro do Teucro
Por Diego Espiño |