Derrota na Pontenova (4-1) dun Leis que non logra superar a súa xeira negativa
Por Redacción
Non levanta cabeza o Leis nas últimas xornadas, nas que encadea seis partidos consecutivos sen coñecer a vitoria.
A pesar de todo os de Manu Cossío, grazas aos tropezos dos seus rivais, mantense na primeira posición con 40 puntos, pero os perseguidores aproveitaron estas semanas para situarse a tiro de pedra dos lerezanos, e é que tras a derrota na Pontenova (4-1) os cinco primeiros da táboa se encontran nunha marxe de só dous puntos.
Sen espazo para máis erros quedou o Leis despois dun partido no que levaron a iniciativa do xogo pero no que os locais puxeron a efectividade.
Así A Pontenova adiantouse aos 15 minutos, aínda que o choque seguiu igualado ata o tramo final, cando os pontevedreses se situaron con ataque de cinco en busca do empate pero remataron recibindo dous tantos que sentenciaron o partido, a pesar de que Barcala recortase distancias co único gol lerezano.
A próxima xornada o equipo adestrado por Manu Cossío recibirá en Pontevedra un dos equipos da zona baixa, o Villalba FS.
SUPERTI A PONTENOVA (4): César, Miguel, Marcos (2) David, Santi (2), Josiño, Fidel, Vijande.
LEIS PONTEVEDRA (1): Rubén, Márquez, Abadín, Dani, Gustavo, Martín, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Barcala (1), Miguel.
Árbitros: Rivas Fouz e Naray Álvarez (Viveiro). Amoestaron a Abadín no Leis.