Oliveira estréase no banco do Portonovo cun claro triunfo ante o Unión Grove (3-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Portonovo fixo bo ante o Unión Grove (3-0) a máxima de 'a adestrador novo, vitoria segura', logrando impoñerse de xeito claro en Baltar no debut de Luis Oliveira no banco arlequinado, tras a saída de Ricardo Fernández.
O encontro púxose pronto de cara para os locais, que se adiantaron aos 7 minutos por medio de Luis Alberto.
Non deu moitos síntomas de reacción o Grove, pero calquera esperanza para eles se esvaeceu aos 39 minutos, cando Nacho fixo o 2-0 de falta directa nunha acción que supuxo ademais a expulsión do visitante Muelle.
A partir de ahñi, partido prácido para un Portonovo que sentenciou no minuto 71 co segundo tanto de Nacho.
Este resultado serve aos de Baltar para coller aire na clasificación e afastarse duns postos de descenso directo aos que xa parace condenado o Unión Grove, que ve como se complican as súas opcións de permanencia.
PORTONOVO SD (3): Iván Parada, Iván Renda, ÿscar, Víctor, Silva (Iván, min.66). Nacho (Suso Vidal, min.74), Dopazo, Suso Martínez, Luis Alberto (Gándara, min.68), Suso Bea (Brian, min.57), Álex Cubas.
USD O GROVE (0): Andro, Sergio, Muelle, Corrales, Francisco, Cornes, Piñeiro (Iván, min.78), Prieto (Camiña, min.45), Jacobo (Adrián, min.45), Gabri (Roberto, min.71), Javicho.
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou aos locais Suso Bea e Gándara e aos visitantes Francisco, Jacobo e Adrián. Expulsou con vermello directo ao xogador do Grove Muelle (min.37).
Goles: 1-0 Luis Alberto, min.7; 2-0 Nacho, min.39; 3-0 Nacho, min.71.
Incidencias: Partido disputado en el campo de Baltar, Portonovo.